O pasado luns 21 de decembro, no salón de actos do Pazo de Cultura do concello de Pontevedra celebrouse a Asemblea Xeral ordinaria do GDR Pontevedra-Morrazo.
Na reunión, que estivo presidida polo Alcalde de Pontevedra e Presidente do GDR, D. Miguel Anxo Fernández Lores, tratáronse, entre outros, os seguintes asuntos:
· A sinatura do convenio entre AGADER e o GDR, para aplicación do Programa Leader Pontevedra–Morrazo 2007–2013, polo que se lle concederon ao Grupo un total de 4.435.542,89 euros de fondos públicos
· A selección e contratación do equipo xestor e a aprobación da ubicación definitiva, previo acondicionamento, da oficina técnica do GDR, nas instalacións da antiga escola infantil Os Campos situada en Mourente, rúa Os Campos nº 19 (Pontevedra)
· Ratificouse a apertura da Convocatoria de axudas do 24 de agosto de 2009; as Bases, coas súas especificidades, cadro financeiro, baremo etc de aplicación no programa Leader Pontevedra–Morrazo 2007-2013
· Deuse conta da entrada de 15 novos socios que solicitaron a súa adhesión e que fan un total de 138 asociados: Asociación Agarimo, asociación cultural deportiva Tenlo (Marín), asociación Hispano Alemana de Marín, asociación cultural e xuvenil Meiramar-Axóuxeres (Moaña),confraría de pescadores San Telmo de Pontevedra, comunidade de montes de Tourón, comunidade de montes de Tarrio – Samieira, asociación de mulleres Arela, consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas, Cadrante amigos dos reloxos de sol (Marín), asociación Club Náutico de Raxó, Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación, CIFP Carlos Oroza, Asociación Galega de Emprendedores, asociación Noitebra de Valongo (Cotobade)
· Informouse da solicitude de proxectos de cooperación interterritorial e transnacional do MARM e da concesión de 400.000 euros para o proxecto “Adquisición da Marca de Calidade Territorial Europea (MCTE)”
· Deuse conta dos seus obxectivos máis específicos:
- Transferir instrumentos e metodoloxías de construción de Marca de Calidade Territorial, de territorios que xa a teñen ós que inician o proceso de creación
- Dinamizar o territorio, tanto responsables públicos como privados, en base á necesidade de traballar pola calidade territorial
· E da solicitude á Mancomunidade Terras de Pontevedra, da autorización para unha posible utilización da marca “Terras de Pontevedra” (logo, nome, imaxe) dentro dos ámbitos agroalimentario, artesanía turismo rural, etc.
· Os temas económicos tamén centraron unha parte importante da orde do día. Informouse da situación financeira do grupo e a Asemblea dou o visto e prace aos orzamentos previstos de gastos de funcionamento dos anos 2009 e 2010 e aprobou a proposta de establecemento de cotas periódicas, por un total de 183.822 euros a imputar aos 12 concellos asociados, segundo a súa poboación rural (2007), e que se devengarán en seis anualidades (período 2010-2015) para garantir o funcionamento do GDR Pontevedra –Morrazo.
· Informouse da marcha da convocatoria de axudas do programa LEADER Pontevedra–Morrazo 2007–2013: Das reunións cos Técnicos Locais de emprego, coas 9 mesas sectoriais, da realización das 12 xornadas informativas (unha por cada un dos concellos) e das máis de 85 consultas de proxectos rexistradas:
- Proxectos de aproveitamentos da Biomasa con e sen fins enerxéticos, compostaxe etc
- Creación empresas do sector téxtil
- Creación cooperativa viño, mazás, produción de cervexa
- Empresa de servizos de reparación e conservación vivendas, sector eólico
- Explotación cabalar, picadeiros, escola equitación
- Roteiros de Sendeirismo
- Turismo rural
- Empresas de servizos turísticos, parapente, piragüismo
- Ampliación de instalacións agrarias
- Rehabilitación e equipamento de centros sociais
- Centro de adestramento deportivo de animais e gardería
- Centro de Día para non dependentes
- Empresas de servizos forestais
- Centro de eventos socioculturais
- Comedor asistencial e albergue
- Rede Wimax- Wifi
- Paxina Web, portal comercio electrónico
- Recuperación de patrimonio cultural e natural. Rede natura etc
- Plans de ordenación de montes,deslindes
- Centro de reciclaxe material electrónico etc
- Escola ambiental con albergue, centros de interpretación
- Centro especial de emprego de xardinería e medio ambiente
- Explotacións ecolóxico- gandeiras
- Explotacións agrarias , frutícolas, ecolóxicas etc
- Planta de compostaxe algas etc
...
· Finalmente, aprobouse a participación do GDR Pontevedra-Morrazo, na creación ou constitución dunha rede de grupos de desenvolvemento rural de Galicia
Para mais información 695 333 087