3/6/10
A Xunta Directiva do GDR Pontevedra –Morrazo aproba a participación do Grupo en tres proxectos de Cooperación da convocatoria 2010 do MARM
Na reunión ordinaria, celebrada este mércores 05 de maio, no seminario 8 do Pazo de Cultura do concello de Pontevedra, presidida polo Alcalde de Pontevedra e Presidente do GDR, D. Miguel Anxo Fernández Lores, ratificouse a participación do GDR pontevedra-Morrazo nos seguintes proxectos de cooperación interterritorial no marco da Red Rural Española convocatoria 2010:
1. ADQUISICIÓN DA MARCA DE CALIDADE TERRITORIAL EUROPEA (Fase de execución)
· DESCRICIÓN: Construír unha Marca de Calidade Territorial propia en cada un dos territorios, homologada pola MCTE a partires da transferencia da experiencia , coñecementos, regulamentos e metodoloxías xa desenvoltas por outros territorios.
· ORZAMENTO SOLICITADO : 2.000.000 EUROS
· ORZAMENTO POR GRUPO: 56.101 euros
· 30 GRUPOS
· PERÍODO:2010-2013
2. MELLORA DAS ESTRUCTURAS DE COMERCIALIZACIÓN AGROALIMENTARIAS (COMAGROAL convocatoria 2010)
· DESCRICIÓN:Preténdese desenvolver acordos de colaboración en actividades de comercialización conxunta, aproveitando o know-how e a experiencia acumulada doutros territorios, aglutinando esforzos a través de plataformas comúns que proporcionen sinerxías e economías de escala necesarias para a súa viabilidade.
· ACCIÓNS:
- Identificación dos recursos do territorio
- Creación de grupos de consumo locais
- Desenvolvemento de infraestruturas de comercialización
- Accións de promoción e difusión
- Avaliación
· ORZAMENTO SOLICITADO: 593.000 EUROS
· 5 GRUPOS
· PERÍODO: 2010-2013
Ademais, ratificouse o compromiso de participación do GDR na Convocatoria de Proxectos Pilotos do Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino co proxecto “DESARROLLO DE LA CADENA DE VALOR DE LA PRODUCCIÓN ECOLÓGICA A TRAVÉS DE REDES SOCIALES” promovido a través de la Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE)
· DESCRICIÓN: Trátase de establecer un sistema de Redes sociais a través de internet, para contribuír dun xeito sostible e participativo ao desenvolvemento da cadea de valor dos produtos ecolóxicos.
· ORZAMENTO: 1.412.484 euros
· 17 GRUPOS
· PERÍODO: 2010-2013
Os temas económicos tamén centraron unha parte importante da orde do día, dando conta da situación financeira do Grupo e do programa e aprobando para súa remisión e aprobación pola Asemblea Xeral, as contas anuais do 2009 e o informe de xestión do citado exercicio
Finalmente, informouse da marcha da convocatoria de axudas do programa LEADER Pontevedra–Morrazo 2007–2013, dando conta das diferentes iniciativas que están en fase de tramitación:
- Restaurante para aldea rural
- Centro de exposición, interpretación e actividades de micoloxía aplicada
- Empresa de deseño e produción de alta costura
- Creación dunha Microcervexería artesanal
- Empresa servizos para industria eólica
- Rede Wimax-Wifi de interconexión de centros socioculturais
- Valorización de elementos etnográficos
- Rehabilitación de centro cultural e creación de auditorio
- Granxa caracois
- Carpintería de madeira para exteriores
- Empresa especializada en proxectos e instalacións de enerxías renovables
- Empresa de servizos turísticos,rotas a cabalo etc.
- Modernización de explotación gandeira en ecolóxico etc
...
Para máis información 695.333.087

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario