15/7/10

A Mesa-coloquio de Pontevedra puxo fin as xornadas“Emprender no rural: perspectivas económicas e culturais” que organizou o GDR Pontevedra-Morrazo

O CONTORNO RURAL ENGADE VALOR AS EMPRESAS; con esta premisa arrancaba onte no Pazo de Cultura a 2ª edición da Mesa-Coloquio: “EMPRENDER NO RURAL: PERSPECTIVAS ECONÓMICAS E CULTURIAS”, dentro das actividades de difusión do programa LEADER que organizou o GDR Pontevedra-Morrazo.

O rural galego precisa que pequenas empresas se instalen no seu territorio para manterse vivo, e reciprocamente, o rural engade valor a aqueles produtos ou servizos que se desenvolven nese contorno. Esta é unha das conclusións destacadas das xornadas celebradas baixo o título de “Emprender no rural: perspectivas económicas e culturais”, que onte se pecharon no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Estas xornadas, que naceron ao abeiro da convocatoria de axudas do programa Leader Pontevedra Morrazo 2007-2013, tiñan como obxectivo, ademais de informar das distintas liñas de subvención para emprender no rural, promover o intercambio de experiencias empresariais e facilitar o contacto de emprendedores cos promotores das empresas convidadas.

A mesa coloquio, presentada polo xerente do GDR, José Mª Tobío Iglesias, e moderada pola socióloga Mercedes Fernández Gestido, facilitou que as tres empresas convidadas - Arqueixal, Amorodo e Pandarán -, de carácter innovador e fortemente comprometidas co seu contorno económico e social, foron quen de transmitir aqueles aspectos clave á hora de poñer en marcha as súas iniciativas empresariais, así como de falarmos das circunstancias ou especificidades que aos seus negocios.

Esta II Mesa Coloquio estivo precedida da conferencia de Antonio Montero Carro titulada “A singularidade cultural do rural galego como factor de competitividade empresarial”. Na charla sinalouse o gap existente entre as potencialidades do rural galego e a súa realidade, que deixa latente unha falla de certos elementos dinamizadores, entre eles a debilidade do asociacionismo galego.

Máis información no teléfono 695.333.087

No hay comentarios:

Publicar un comentario