21/12/10

O GDR Pontevedra–Morrazo inicia o proceso de renovación da xunta directiva e define as liñas de traballo para o 2011 a través das mesas sectoriais



Os días 13 ,14, 15 e 16 de decembro tiveron lugar no Pazo de Cultura do concello de Pontevedra, as reunións en sesións de mañá e tarde das mesas sectoriais do GDR Pontevedra-Morrazo para proceder ao nomeamento de representantes como paso previo para a renovación da xunta directiva e para priorizar as posibles actuacións do GDR no 2011.

No seminario 2 do Pazo de Cultura foron convocadas as 125 asociacións que integran as diferentes mesas sectoriais de; Comunidades de Montes, económica e laboral, de turismo e artesanía, de igualdade, de asociacións xuvenís, culturais e de veciños, do terceiro sector, a mesa agro-gandeira e de medio ambiente.

Rematado o proceso de nomeamento das diferentes mesas sectoriais o representantes deberán ser ratificados en Asemblea xeral do GDR, para adquirir a condición de vogal da Xunta directiva. O seu nomeamento será por un período de dous anos e poderán ser reelexidos unha ou mais veces consecutivas ata unha duración máxima no cargo de oito anos.

Nestas xuntanzas ademais deste asunto, deuse conta da situación e marcha do programa; dos cambios previstos como consecuencia das modificación das Bases Reguladoras do programa Leader 2007-2013, e dos proxectos de cooperación en curso.

Finalmente salientáronse as liñas de traballo abertas e de interese para o 2011 como son: a comercialización de produtos agroalimentarios a través de canles alternativos, o desenvolvemento e valorización da viticultura da zona a través da indicación xeográfica protexida Viños da terra ,a creación dunha rede de bancos de tempo, o proxecto de cooperación para a creación dunha plataforma virtual para a venda de madeira polas comunidades de montes veciñais de man común e propietarios particulares e a participación no proxecto dunha rede de paisaxes culturais.
Para máis información 695.333.087

No hay comentarios:

Publicar un comentario