
O GDR Pontevedra – Morrazo organiza a I Mesa Coloquio “EMPRENDER NO RURAL: perspectivas económicas e culturais”, que se vai celebrar no Concello de Moaña o día 8 de xullo, en xornada de tarde, segundo programa que podedes descargar aquí.
Tres experiencias empresariais vannos aproximar aos factores clave para emprender con éxito no rural galego. Ao redor dunha mesa coloquio, reuniranse os promotores destas empresas nun debate moderado pola socióloga Mercedes Fernández Gestido.
A mesa coloquio vai a estar precedida dunha breve conferencia impartida por Xavier Simón Fernández baixo o título de “Por un novo rural agroecolóxico: actores e experiencias”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario