O mércores 26 de maio celebrouse, no salón de actos do Pazo de Cultura do concello de Pontevedra, a reunión ordinaria da Asemblea Xeral do GDR Pontevedra- Morrazo presidida polo Alcalde de Pontevedra e Presidente do GDR, D. Miguel Anxo Fernández Lores.
Os temas económicos tamén centraron a parte máis importante da orde do día, aprobando as contas anuais do 2009 e o informe de xestión do citado exercicio e dando conta da situación financeira do Grupo e do Programa LEADER 2007-2013 que encara un ano 2010 marcado polas restriccións orzamentarias da Xunta de Galicia .
Ademais, informouse da participación do GDR pontevedra-Morrazo nos seguintes proxectos de cooperación interterritorial no marco da Red Rural Española convocatoria 2010:
1. ADQUISICIÓN DA MARCA DE CALIDADE TERRITORIAL EUROPEA (Fase de execución)
· DESCRICIÓN: Construír unha Marca de Calidade Territorial propia en cada un dos territorios, homologada pola MCTE a partires da transferencia da experiencia , coñecementos, regulamentos e metodoloxías xa desenvoltas por outros territorios.
· ORZAMENTO SOLICITADO : 2.000.000 EUROS
· ORZAMENTO POR GRUPO: 56.101 euros
· 30 GRUPOS
· PERÍODO:2010-2013
2. MELLORA DAS ESTRUCTURAS DE COMERCIALIZACIÓN AGROALIMENTARIAS (COMAGROAL convocatoria 2010)
· DESCRICIÓN:Preténdese desenvolver acordos de colaboración en actividades de comercialización conxunta, aproveitando o know-how e a experiencia acumulada doutros territorios, aglutinando esforzos a través de plataformas comúns que proporcionen sinerxías e economías de escala necesarias para a súa viabilidade.ACCIÓNS:
- Identificación dos recursos do territorio
- Creación de grupos de consumo locais
- Desenvolvemento de infraestruturas de comercialización
- Accións de promoción e difusión
- Avaliación
· ORZAMENTO SOLICITADO: 593.000 EUROS
· 5 GRUPOS
· PERÍODO: 2010-2013
Ademais ratificouse o compromiso de participación do GDR na Convocatoria de Proxectos Pilotos do Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino co proxecto “DESARROLLO DE LA CADENA DE VALOR DE LA PRODUCCIÓN ECOLÓGICA A TRAVÉS DE REDES SOCIALES” promovido a través de la Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE)
· DESCRICIÓN: Trátase de establecer un sistema de Redes sociais a través de internet, para contribuír dun xeito sostible e participativo ao desenvolvemento da cadea de valor dos produtos ecolóxicos.
· ORZAMENTO: 1.635.500 euros
· 17 GRUPOS
· PERÍODO: 2010-2013
Finalmente, informouse da marcha da convocatoria de axudas do programa LEADER Pontevedra–Morrazo 2007–2013, dando conta das diferentes iniciativas que están en fase de tramitación:
- Restaurante para aldea rural en Poio
- Centro de exposición, interpretación e actividades de micoloxía aplicada
- Creación dunha Microcervexería artesanal
- Empresa servizos para industria eólica
- Rede Wimax-Wifi de interconexión de centros socioculturais
- Valorización de elementos etnográficos
- Rehabilitación Centro Cultural e creación de auditorio
- Granxa caracois
- Carpintería de madeira para exteriores
- Empresa especializada en proxectos e instalacións de enerxías renovables
- Empresa de servizos turísticos,rotas a cabalo etc.
- Modernización de explotación gandeira en ecolóxico etc
...
Para máis información 695.333.087