26/10/09

Pontevedra pecha o ciclo de xornadas informativas do programa LEADER Pontevedra-Morrazo


O Pazo de Cultura do concello de Pontevedra alberga este luns 26 de outubro ás 20:00 horas, a derradeira xornada informativa do ciclo de charlas divulgativas que o GDR está a desenvolver polos 12 concellos, con motivo da apertura da convocatoria de axudas do programa LEADER Pontevedra-Morrazo 2007-2013.

O acto, aberto ao público en xeral, contará coa presenza do Alcalde de Pontevedra e presidente do GDR Pontevedra-Morrazo, Miguel Anxo Fernández Lores e do equipo técnico do GDR. A xornada comezará cunha breve exposición das liñas de actuación do programa LEADER, da tipoloxía de proxectos susceptibles de seren subvencionados, así como dos requisitos, procedementos eta que haberá que cumprir para optar con éxito aos mais de catro millóns de euros de fondos públicos dos que dispón o Programa.

Posteriormente, aproveitarase a ocasión para explicar de xeito global o proxecto de cooperación, recentemente concedido polo Ministerio do Medio Ambiente Rural y Marino; “Adquisición da marca de calidade territorial europea” no que o GDR participa xunto con 29 grupos mais do resto do estado. Finalmente, abrirase unha quenda de preguntas, para que os asistentes poidan plantexar as inquedanzas, cuestións ou dúbidas que lles suscite o programa.

Lembremos que dende a apertura da Convocatoria de axudas do 24 de Agosto de 2009, ademais da posta en marcha da oficina técnica, o GDR Pontevedra –Morrazo ven realizando xuntanzas específicas para impulsar posibles proxectos plantexados na fase de diagnóstico a través das mesas sectoriais do grupo, e xornadas divulgativas abertas ao público en cada un dos doce concellos que integran o GDR, co obxecto de dinamizar e achegar a información aos potenciais beneficiarios; asociacións, comunidades de montes, PEMES, emprendedores e promotores en xeral.

9/10/09

GDR Pontevedra-Morrazo comeza o seu traballo na "Adquisición da Marca de Calidade Territorial Europea" conxuntamente con 28 grupos rurais de España

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo (concellos de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa) inicia a posta en marcha do proxecto de cooperación "Adquisición da Marca de Calidade Territorial Europea" aprobado polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino para este ano 2009 por 400.000 euros coa súa participación no Seminario de formación do persoal técnico dos territorios que se esta a celebrar na sede do Grupo "GAL Asoc. Comarcal Castillos del Medio Tajo" en Torrijos (Toledo) os días 6 e 7 de outubro.

Este proxecto está integrado por 28 territorios rurais de España que desexan construír a súa Marca de Calidade Territorial (MCT) a partir da experiencia e obxetivos alcanzados por outros territorios que xa dispoñen da súa propia Marca de Calidade Territorial Europea “Calidade Rural” (MCTE). O fin último é dispor dunha Marca Territorial propia e a concesión de uso da coetiqueta europea “Calidade Rural”, pero para acadalo se precisa da transferencia de experiencias, coñecementos, regulamentos e metodoloxías xa desenvolvidas polos territorios que as construíron.

Os obxetivos xerais céntrase en:
- Crear unha Marca de Calidade Territorial nos territorios que participan, que poida estar homologada pola Marca de Calidade Territorial Europea e incorporarse á devandita rede, para afianzar a súa calidade territorial baseada na calidade económica, social e medioambiental dos territorios, reforzando a súa identidade e sentido de pertenza.
- Consolidar os tecidos productivos dos territorios, as súas capacidades de emprego, renda e benestar dos seus cidadáns.
- Facer viables os territorios rurais que están comprometidos con un modelo de desenvolvemento sostible, con responsabilidade social, participación e solidaridade

E entre os obxetivos máis específicos, cabe destacar:
- Transferir instrumentos e metodoloxías de construcción de Marca de Calidade Territorial, de territorios que xa a teñen ós que inician o proceso de creación.
- Dinamizar o territorio, tanto responsables públicos como privados, en base á necesidade de traballar pola calidade territorial.
- Ampliar a MCTE a outros países: Portugal, Francia, Italia e Hungría.

Igualmente, durante a reunión do 23 de setembro, se fixaron o propuxeron a realización das accións máis inmediatas:
- Seminario de formación do persoal técnico dos territorios. A celebrar na sede do Grupo "GAL Asoc. Comarcal Castillos del Medio Tajo" en Torrijos (Toledo) os vindeiros 6 e 7.
- Viaxes de estudo en España, a dous territorios en fase de implantación avanzada de súa Marca Territorial. Como complemento da acción anterior, se organizarán dúas visitas sobre o terreo a territorios con experiencia previa e con implantación de súa marca en sectores variados, unha ó Condado de Jaén/Poniente Granadino e outra ó Valle del Ese Entrecabos.

Lembremos que na Xunta Directiva do GDR Pontevedra-Morrazo celebrada o pasado 23 de xullo de 2009 ratificouse a participación en dous proxectos da convocatoria de Cooperación Interterritorial e Transnacional do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, no marco da Red Rural Nacional, correspondente ó exercicio 2009.

Dos dous proxectos presentados á convocatoria de cooperación interterritorial e transnacional; “ADQUISICIÓN DA MARCA DE CALIDADE TERRITORIAL EUROPEA (MCTE)” cun orzamento solicitado de 2.000.000€ para 30 grupos de toda España durante o período 2009-2011, e “MELLORA DAS ESTRUCTURAS DE COMERCIALIZACIÓN AGROALIMENTARIAS (COMAGROAL)” cun orzamento inicial de 1.050.000€ para 5 grupos durante o período 2009-2012, foi concedido pola Red Rural Nacional o proxecto de cooperación "Adquisición da Marca de Calidade Territorial Europea" cunha subvención total de 400.000€ a executar na anualidade 2009, contía que obrigou a reprogramar todo o plan de actuación global no Comité de Pilotaxe convocado o 23 de setembro e presentalo ante o Ministerio para a súa aprobación definitiva.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PODE DIRIXIRSE Ó TELÉFONO 695 333 087 / 986 10 81 44

Próximas xornadas informativas nos Concellos do GDR PONTEVEDRA - MORRAZO:
> CONCELLO DE BARRO: día 15 de outubro ás 20:00 h no Salón de actos da biblioteca de Barro.
> CONCELLO DE POIO: día 19 de outubro ás 20:00 h no Casal de Ferreiros de Poio.
> CONCELLO DE PONTEVEDRA: día 26 de outubro ás 20:00 h no Pazo da Cultura de Pontevedra.

18/9/09

O GDR Pontevedra-Morrazo incentiva a participación activa da poboación a través dunhas xornadas informativas no programa LEADER

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo continúa coa labor de difusión e promoción da convocatoria de axudas do programa Leader 2007-2013 cunha programación de reunións informativas en cada un dos doce concellos que integran a asociación (Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa).
Rematadas as xuntanzas de traballo coas Mesas Sectoriais do GDR Pontevedra-Morrazo, onde se contou cunha ampla participación dos axentes sociais máis representativos de ámbalas dúas comarcas e se abriron liñas de traballo para a aplicación dos fondos do programa Leader, comézase agora unha rolda de xornadas divulgativas municipais para difundir a recente apertura da convocatoria de axudas no marco do programa LEADER que tivo lugar o pasado día 24 de agosto e dar a coñecer entre os potencias beneficiarios tódalas liñas de actuacións subvencionables nas que se poden investir os 4.231.311 euros dos que dispón o programa.
Estas xuntanzas, que se celebrarán ó longo de 5 semanas, están abertas a calqueira persoa con inquedanzas empresarias, asociacións relacionadas coa economía social ou de mulleres, veciñais, xuvenís, culturais, recreativas, medio-ambientais, forestal, agro-gandeiras...etc, e a todo o público en xeral que teña interese sobre o contido e alcance do programa Leader.

> Calendario previsto (pdf. 40 Kb)

> Folleto do programa LEADER Pontevedra-Morrazo (pdf. 2,07 Mb)

> Modelo de adhesión como socio do GDR (pdf. 60 Kb)

11/9/09

As Mesas Sectoriais do GDR Pontevedra-Morrazo centran o seu traballo na aplicación dos fondos do programa LEADER 2007-2013

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo (concellos de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa) retomaron as liñas de traballo propostas na convocatoria para a aplicación dos fondos do programa Leader con gran participación dos axentes sociais máis representativos das comarcas de Pontevedra e do Morrazo.
Na reunión mantida co mesa de Igualdade, o pasado mércores, falouse da apertura da convocatoria de axudas que tivo lugar o día 24 de agosto e que permanecerá aberta ata o 1 de setembro de 2013, e da aplicación transversal do principio de igualdade de oportunidades e non discriminación dentro do programa Leader.
A mesa sectorial de “Económica e Laboral” á que asistiron representantes das asociacións empresariais, sindicatos e cooperativas e as súas federacións, centrouse na necesidade de orientar as medidas subvencionables tanto na creación de emprego no territorio como cara proxectos de carácter produtivo. Tamén se salientou a importancia da creación de redes básicas de novas teconoloxías como a implantación dunha rede wimax prevista xa na candidatura dentro da medida de cooperación, e se informou de dous proxectos de cooperación solicitados ao ministerio.
Así mesmo, a mesa “Agro-gandeira” reunida o mesmo día pola tarde e que contou coa participación das organizacións agrarias, asociacións e institucións e empresas deste sector, acordou apostar pola posta en valor vitivinícola das comarcas de Pontevedra e do Morrazo coa recuperación e valorización de variedades autóctonas como a tinta femia e o caíño, independentemente da súa incorporación ou non baixo a Denominación de Orixe de Rías Baixas.
Por outra banda, hoxe venres reuniuse no Pazo da Cultura a Mesa do “Terceiro sector” integrada polas asociacións relacionadas coa economía social para avaliar as liñas de actuación e posibles proxectos que se poden presentar ao programa LEADER; centros de día para persoas non dependentes, residencias comunitarias para discapacitados, etc.
Ademais ó longo da vindeira semana están previstas as xuntanzas das mesas sectoriais de “Medio Ambiente” o luns ás 20:00, de “Turismo e Artesanía” o martes ás 11:00, de “Xuvenís, culturais, recreativas e veciñais” o mércores ás 20:00 e de “Comunidades de Montes” o xoves ás 20:00 no Pazo da Cultura.
Tódalas entidades participantes no Grupo de Desenvolvemento Rural se comprometeron a maior difusión das axudas entre os seus asociados, así como a colaborar na divulgación das vindeiras xornadas informativas a desenvolver nos concellos de A Lama, Barro, Bueu, Cangas, Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

1/9/09

Apertura da convocatoria de axudas do programa LEADER Pontevedra – Morrazo 2007-2013

O Grupo de Denselvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo (concellos de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa) inicia a súa andaina coa apertura da convocatoria de axudas do programa Leader 2007-2013 o día 24 de agosto.

Na sesión ordinaria da Xunta Directiva celebrada o 23 de xullo de 2009 acordouse por unanimidade a apertura da convocatoria de axudas do programa Leader 2007-2013 para todo o período de actividade, sometida ás anualidades que correspondan a cada medida. A data de admisión de solicitudes comenza o día 24 de agosto de 2009 e remata o 1 de setembro de 2013.

Esta convocatoria réxese polo Réxime de Axudas publicado, xunto coas Bases Reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural, no DOG núm. 115 do luns 16 de xuño de 2008 e pola súa modificación publicada no DOG núm. 15 do xoves 22 de xaneiro de 2009.

As solicitudes, xunto coa documentación complementaria, presentaranse no rexistro da oficina técnica do GDR ubicada na rúa de Santa Clara 4-2º; 36002 Pontevedra. Máis información no teléfono 986 10 81 44, no fax 986 10 80 09 ou no correo electrónico gdr19@mundo-r.com.

> Resumo informativo da convocatoria de axudas do programa LEADER Pontevedra - Morrazo 2007-2013 (pdf 107 Kb)
> Resumo do réxime de axuda e baremo de aplicación (pdf 232 Kb)

Modelos de solicitude de axuda do promotor (en versión Office 2007):

Impresos electrónicos:

>Modelo Orzamento Presentado(xls. 644 Kb)

>Modelo Comparación Ofertas (doc. 535 Kb)

>Modelo Declaración Doutras Axudas (doc. 509 Kb)

>Modelo Plan de Xestión Non Produtivos (doc. 512 Kb)

>Modelo Resumo Proxecto e Plan de Empresa (doc. 436 Kb)

>SOLICITUDE DE AXUDA LEADER (doc. 536 Kb)



Impresos papel:

>Modelo Orzamento Presentado (pdf. 38,1 Kb)

>Modelo Comparación Ofertas (pdf. 55,6 Kb)

>Modelo Declaración Doutras Axudas (pdf. 49,4 Kb)

>Modelo Plan de Xestión Non Produtivos (pdf. 59,9 Kb)

>Modelo Resumo Proxecto e Plan de Empresa (pdf. 64,6 Kb)

>SOLICITUDE DE AXUDA LEADER (pdf. 161 Kb)