
O Pazo de Cultura do concello de Pontevedra alberga este luns 26 de outubro ás 20:00 horas, a derradeira xornada informativa do ciclo de charlas divulgativas que o GDR está a desenvolver polos 12 concellos, con motivo da apertura da convocatoria de axudas do programa LEADER Pontevedra-Morrazo 2007-2013.
O acto, aberto ao público en xeral, contará coa presenza do Alcalde de Pontevedra e presidente do GDR Pontevedra-Morrazo, Miguel Anxo Fernández Lores e do equipo técnico do GDR. A xornada comezará cunha breve exposición das liñas de actuación do programa LEADER, da tipoloxía de proxectos susceptibles de seren subvencionados, así como dos requisitos, procedementos eta que haberá que cumprir para optar con éxito aos mais de catro millóns de euros de fondos públicos dos que dispón o Programa.
Posteriormente, aproveitarase a ocasión para explicar de xeito global o proxecto de cooperación, recentemente concedido polo Ministerio do Medio Ambiente Rural y Marino; “Adquisición da marca de calidade territorial europea” no que o GDR participa xunto con 29 grupos mais do resto do estado. Finalmente, abrirase unha quenda de preguntas, para que os asistentes poidan plantexar as inquedanzas, cuestións ou dúbidas que lles suscite o programa.
Lembremos que dende a apertura da Convocatoria de axudas do 24 de Agosto de 2009, ademais da posta en marcha da oficina técnica, o GDR Pontevedra –Morrazo ven realizando xuntanzas específicas para impulsar posibles proxectos plantexados na fase de diagnóstico a través das mesas sectoriais do grupo, e xornadas divulgativas abertas ao público en cada un dos doce concellos que integran o GDR, co obxecto de dinamizar e achegar a información aos potenciais beneficiarios; asociacións, comunidades de montes, PEMES, emprendedores e promotores en xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario